XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition 2015
March 4 - 8, 2015
Orense , Spain
Xantar 2015 é unha exaltación da gastronomía galega representada pola unión dos produtos máis típicos e representativos das catro provincias galegas. Xantar ofrece ós seus visitantes, a prezos asequibles, a oportunidade de gozar dun lugar de encontro no que se prepararán, servirán e degustarán os produtos de Galicia.
Pero en Xantar tamén hai unha representación dos produtos típicos doutras rexións españolas que veñen a darse a coñecer. O visitante pode disfrutar da gastronomía doutros lugares que chegan a Xantar a través de restaurantes e stands.
Restauración, degustación e exposición de produtos son o eixo central desta Feira que ademais ofrece conferencias, charlas didácticas, presentacións literarias, ciclos de cine, concertos e espectáculos de danza e folclore.
Nunha rexión como Galicia na que calquera festa, reunión o encontro xira sempre en torno a unha boa mesa, Xantar representa a unión do mellor desta terra nun enclave como Expourense, que se transforma durante cinco días para ofrecer ós visitantes a posibilidade de compartir uns bós momentos arredor dunha mesa.
Horario
De mércores 4 a sábado 7 de marzo de 2015: de 12.00 a 01.00 horas
Domingo 8 de marzo de 2015: de 12.00 a 20.00 horas.
Related events
XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition March 4 - 8, 2015
XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition February 5 - 9, 2014
XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition March 6 - 10, 2013
XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition February 1 - 5, 2012
XANTAR - Salón Galego de Gastronomía e Turismo February 2 - 6, 2011
XANTAR 15 February, 2010
XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition February 4 - 8, 2009
XANTAR - Regional Gastronomy and Tourism Exhibition March 5 - 9, 2008